O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Esta tarde celébrase o Pleno Ordinario do mes de xaneiro

| compartir:

Este mércores, día 29, o Concello de Teo celebra o Pleno Ordinario correspondente ao mes de xaneiro. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DENDE O 20/12/2024 AO 31/12/2024 E DENDE O 01/01/2025 AO 23/01/2025 (RES 1694/24 DO 20/12/2024 Á RES 1752/24, DO 30/12/2024, E RES 01/25 DO 07/01/2025 Á RES 86/2025 DO 23/01/2025).

2.- DACIÓN DE CONTA DO PERSOAL EVENTUAL.

3.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DO POS+ 2025.

4.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE CORRECCIÓN DO ACORDO PLENARIO DO 26/12/2024 PARA A SOLICITUDE DO POS+ ADICIONAL 1/2025 PARA O FINANCIAMENTO DE GASTOS SOCIAIS EXTRAORDINARIOS.

5.- PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA DE CESIÓN DE PARCELA Á SOCIEDADE DE VIVENDA PÚBLICA DE GALICIA, S.A., PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA.

6.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE “APOIO Á CELEBRACIÓN DO ANO CASTELAO EN 2025”.

7.- MOCIÓNS.

8.- ROGOS E PREGUNTAS.

foto