O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
A través da participación, descubrimos historias de mulleres brillantes que grazas ao seu enxeño e perseveranza, deixaron unha marca profunda. Estas inventoras superaron barreiras sociais e culturais. Non só loitaron contra as dificultades, senón que abriron camiños para o futuro.
No espectáculo, exploramos como as súas ideas influíron no mundo actual. Destacamos a súa importancia na creación de inventos que nos fan vivir mellor, tamén inventos que salvan vidas, outros que nos entreteñen e tamén aqueles que nos axudan a coñecer mellor o mundo que nos rodea e o universo. Coñeceremos figuras inspiradoras como Hipatía de Alexandría, a primeira inventora coñecida da histora, ou Ada Lovelace, a primeira persoa en teorizar sobre o potencial dun computador. Tamén descubrimos mulleres menos coñecidas, pero igual de xeniais. Grazas ás súas contribucións, transformaron a nosa maneira de vivir.
No espectáculo, celebramos estas mulleres pioneiras en ciencia e tecnoloxía. Fomentamos o espírito de investigación e innovación no público. Invitamos a pensar de forma crítica e a buscar solucións creativas. A curiosidade e a determinación son as claves para cambiar o mundo. Este espectáculo é unha homenaxe ao papel crucial das mulleres no avance científico. Invitamos ao público a reflexionar sobre o impacto das mulleres na historia. O seu legado continúa a inspirar novas xeracións de inventoras e pensadoras.
En Inventoras con mentes curiosas, non só celebramos os logros destas mulleres, senón tamén a súa capacidade para desafiar as normas e demostraremos que calquera de nós pode ser inventora ou inventor. O espectáculo busca inspirar a próxima xeración a ser creativa, curiosa e audaz. O futuro tamén depende das nosas ideas e esforzos.