O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
"Segredos de familia (e licor café)" é unha comedia negra que afonda nos segredos dunha familia galega con humor afiado e suspense. Lucía, unha actriz de éxito, regresa á casa familiar, onde as súas tías e a súa enigmática irmá gardan misterios inesperados. Entre enredos, mentiras e licor café, a obra ofrece unha reflexión divertida sobre as relacións familiares e a loita pola liberdade persoal.
Lucía, unha actriz de éxito, regresa á casa familiar, onde a agardan as súas peculiares tías Adelaida e Úrsula, que parecen ser exemplo de bondade pero agochan un pasado sombrío. Ao mesmo tempo a súa irmá Silvana volve cunha vida chea de misterios e intencións incertas.
A obra presenta a mulleres fortes e decididas que loitan por controlar o seu destino, rompendo con convencións sociais mentres revelan as súas propias contradicións. A través de enredos, mentiras e doses de licor café, segredos de familia ofrece unha visión divertida e crítica das relacións familiares e a procura da liberdade persoal, sempre con un ollo posto na igualdade e o respecto mutuo.
Vémonos o vindeiro 8 de marzo, día internacional da muller, no Auditorio Constante Liste ás 20:00h. Facede a vosa reserva en teo.gal
Animádevos!!!