O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O censo electoral pode consultarse entre o 30 de setembro e o 7 de outubro

| compartir:

Diante da convocatoria das eleccións a Cortes Xerais 2019, que se celebrarán o 10 de novembro, a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre os días 30 de setembro e o 7 de outubro. Nese prazo, os interesados poderán achegarse ao Concello a comprobar os seus datos e proceder a facer as reclamacións que foran necesarias. Esta consulta tamén poderá facerse a través dos seguintes teléfonos: 981 217 439// 981 217 426// 901 101 900 ou entrando na páxina web do INE, con certificado dixital ou DNI electrónico.

Esta consulta dos datos do censo é de especial interese para as persoas que fixeron recentemente os 18 anos e poden votar por primeira vez. A consulta debe facela a persoa interesada identificándose co DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

En caso de ter que realizar unha reclamación no Concello disponse do impreso oficial para realizala. As reclamacións deben estar asinadas e acompañadas dunha fotocopia dun documento de identificación da persoa reclamante.

Propaganda electoral

No Concello tamén se pode cumplimentar o impreso para non recibir propaganda electoral. Para que teña efecto para as eleccións de novembro debes cubrir o impreso de xeito persoal, identificándote co DNI, con data límiete o 7 de outubro. Logo poderase seguir facendo pero con efecto xa para as seguintes convocatorias electorais. Tamén se pode facer de xeito electrónico na páxina do INE cubrindo a solicitude de exclusión/inclusión nas copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas para realizar envíos postais de propaganda electoral. premendo aquí para cubrir a solicitude. 

 

urnas