O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 30 na sesión ordinaria do mes de outubro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
O goberno municipal somete o VI Plan de Igualdade que será de aplicación entre 2019 e 2023 a consideración da corporación municipal. Trátase dunha ferramenta que debe implicar a todas e todos para traballar na igualdade efectiva das mulleres e na erradicación da violencia machista. Un dos obxectivos do documento é traballar na implantación da transversalidade de xénero, é dicir, introducir a perspectiva de igualdade de xénero en todos os niveis e fases de todas as políticas públicas municipais.
A orde do día completa é a seguinte: