O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O mes de maio no CIM ven cargado de actividades moi dinámicas e interesantes. Continuaremos co programa das andainas para mulleres, neste mes as citas serán o 3 e o 24 de maio. Nelas falaremos do efecto que a idea do amor romántico ten sobre as mulleres dende fai séculos e veremos que aínda está moi actualizado entre nós e entre as novas xeracións. Falaremos tamen do medo como ferramenta de control, analizaremos coma un sentimento humán, que debería de servirnos para protexernos, ao final convírtese nunha ferramenta moi potente que o machismo utiliza para o control das mulleres.
Levaremos a cabo tamén un obradoiro de autoestima para mulleres cunha ferramenta moi especial, un can. Veremos cómo a terapia asistida con cans pode ser unha ferramenta valiosa para axudar as mulleres a mellorar a súa autoestima. A persoa que entra en contacto co can experimenta trocos: redución do ritmo cardíaco, presión arterial, segregación de endorfinas, oxitocina....
E dentro da festa da nai do sábado 10 de maio faremos de novo o escape room das estrelas ,actividade onde pode participar toda a veciñanza e onde poñeremos en valor o papel de moitas mulleres que tiveron un papel destacado na nosa historia pero que permaneceron invisibilizadas ao longo dos séculos.
O domingo 11 de maio teremos a excursión das mulleres, e este ano o noso destino é Betanzos pero tamén visitaremos espazos da zona moi bonitos e con moita historia.
Para todas as actividades hai que anotarse na páxina de teo.gal e para algunha das actividades ofrécese servizo de canguraxe, para que as mulleres con cargas familiares, poidan asistir.