O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Festival dos grupos de pandereiteiras de Teo

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste

Prazas dispoñibles
150
Inscribirse

Prazas por persoa
5

O Concello de Teo, a través da Concellaría de Lingua, programa un festival musical para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral. 

Así, o día previo, venres 16 de maio, celebrarase no auditorio municipal un festival con grupos de pandereiteiras de Teo. A entrada será de balde ata completar a capacidade.

Animamos á veciñanza a desfrutar desta xornada de música a celebrar todos xuntos o Día das Letras Galegas, unha celebración instituida no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacan pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da nosa lingua. 

 

 

Inscribirse
cartel

Outros eventos por vir