O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Aprendendo a manexar conflitos familiares

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste

Prazas dispoñibles
148
Inscribirse

Prazas por persoa
5

No contexto actual, as familias enfróntanse a moitos retos no seu día a día. Os cambios sociais, as esixencias do eido laboral, os novos modelos de crianza e o estrés cotián fan que sexa difícil manter un equilibrio afectivo e unha boa convivencia. Moitas veces, isto provoca tensións na relación de parella, conflitos cos fillos e un malestar emocional que afecta a todos os membros da familia.

Si ben non debemos esquecer que os conflitos familiares, lonxe de ser un signo de disfunción, son parte natural do ciclo vital de calquera familia. Con todo, cando non se abordan de maneira saudable, poden escalar ata converterse en verdadeiras barreiras para o benestar individual e colectivo. As discusións constantes, o desgaste na comunicación ou o sentimento de frustración por non sentirse escoitado ou comprendido, poden deteriorar os vínculos máis importantes.

Diante desta realidade, xorde a necesidade de ofrecer espazos de formación e acompañamento ás familias, onde poidan comprender mellor as súas propias dinámicas, identificar patróns que xeran conflito e adquirir ferramentas prácticas para comunicarse con maior claridade, xestionar as emocións difíciles e reforzar os vínculos afectivos.

Este obradoiro/ seminario propón iso: un encontro vivencial e reflexivo que convida a mirar á familia como un sistema vivo, cambiante, con potencial de transformación, onde cada membro pode contribuír activamente á mellora da convivencia. O enfoque integra ferramentas da psicoloxía sistémica, a comunicación non violenta, a educación emocional e a resolución colaborativa de conflitos.

O obradoiro organízase en tres bloques que abordan progresivamente a comprensión do conflito, as ferramentas de manexo emocional e a construción de acordos familiares.

Esta charla realízase no marco do programa Educar en Familia.

 

Para inscribirse cómpre anotarse en educarenfamiliaconcellos@gmail.com


 

 

Inscribirse
cartel

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego