O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Nesta primeira edición, a peza gañadora foi “Falso Testemuño”, de Mencía Rivadas, María Outeiriño e Xiana García. Unha curta que aborda o mal uso das tecnoloxías e as consecuencia que pode ter entre a sociedade. Unha problemática que, a día de hoxe, é foco de atención sobre todo entre a rapazada.
As autoras conseguiron visibilizar, en apenas dous minutos e medio, como a realidade pode manipularse e provocar consecuencias negativas na contorna.
Un proxecto foi aplaudido polo xurado, xa que aborda un tema moi candente nos últimos tempos que cómpre analizar e tratar coa rapazada. O mal uso das tecnoloxías pode ocasionar perigos grandes en persoas máis vulnerables tales como o ciberacoso ou o illamento social.
Por iso é tan necesario abordar esta temática nos centros educativos e promover un uso responsable e seguro da tecnoloxía desde unha idade temperá, tanto no fogar como nos centros educativos.
Con este concurso, o Concello quixo coñecer de primeira man e dun xeito orixinal e inédito as inquedanzas da súa xuventude, fomentando a empatía entre eles e os comportamentos positivos cara as temáticas obxecto do certame.
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, xunto co concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, entregáronlle os certificados e o premio ás creadoras deste curta nunha pequena recepción no Salón de Plenos do Concello.
Moitos parabéns ás gañadoras!
Enlace ao vídeo: https://youtu.be/PBocoE7B8gU