O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Volven as rutas nocturnas polos petroglifos teenses ao noso concello. O Departamento de Cultura presenta un ano máis, en colaboración co Colectivo A Rula, as XII Rutas nocturnas polos petroglifos teenses.
Comezaremos no mes de xullo coa ruta Solpor no Piquiño. Será o día 12 ás 20:30 horas e o lugar de encontro será o Campo da Festa de Luou.
Trátase de una andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.
A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.
Data: Sábado 12 de xullo
Hora 20:30 horas
Lugar: Campo da Festa - Carballeira de Luou
Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.
Lembra levar roupa e calzado cómodo, chaleco reflector, lanterna e auga.
IMPORTANTE: No momento da inscrición é necesario indicar o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes no apartado OBSERVACIÓNS.
Se unha vez reservada a praza non poden asistir agradecemos que o comuniquen no Departamento de Cultura.