O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
No mes de agosto volve unha nova sesión de Astronomía e Cultura nas noites de estrelas do noso concello.
O Departamento de Cultura programa para o día 15 de agosto a segunda sesión do verán. Partiremos ás 22:00 horas da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.
A actividade ten unha duración aproximada de 3 horas e para gozar plenamente desta noite, recomendamos levar:
Data: venres 15 de agosto.
Hora: 22:00 h.
Lugar: Carballeira da Igrexa de Luou
IMPORTANTE: No momento da inscrición é necesario indicar o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes no apartado OBSERVACIÓNS.
Se unha vez reservada a praza non poden asistir agradecemos que o comuniquen no Departamento de Cultura.