O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Sabías que Teo ten un legado de sabedoría popular vinculada á natureza que precisa mantelo vivo? Prantas mediciñais, rituais, lendas ou costumes son parte do patrimonio inmaterial galego e desde fai séculos forman parte da nosa identidade.
A experiencia "As árbores do tempo: andaina máxica en familia!” ten lugar na parroquia de Reis e permitirache entender o gran valor sociocultural que teñen estas árbores no noso entorno.
Nesta ruta interpretativa, deseñada para familias con crianzas, convertiraste no/a protagonista da historia. Estamos correndo un serio perigo xa que a maxia está desaparecendo. Por iso, buscamos aprendices de meigas e meigos que leven a cabo unha misión. Nesta aventura crearás o teu propio conxuro e manterás viva a herdanza dos nosos ancestros para intentar salvar a maxia.
A Sobreira da Burga será a anfitriona desta experiencia, convidándote a atopar o seu rincón favorito e dándoche a benvida para levar a cabo un ritual moi particular.
O percorrido circular transcorre por 3,9 km de acera, pista e sendeiro, cunha dificultade baixa.
Nenos/as a partir de 3 anos acompañados por unha persoa adulta.
Actividade no marco do programa "Terras de Santiago, máis alá de Compostela", xestido polo GDR Terras de Compostela!