O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Finalizado o curso sobre mecanografía básica para a rapazada de Teo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, entregou esta mañá os diplomas acreditativos do curso sobre mecanografía básica para a rapazada empadroada no municipio, logo de rematar unha formación de 15 horas levada a cabo neste mes de xullo. 

En total foron oito as persoas anotadas, con idades comprendidas entre os 9 e os 13 anos, que desfrutaron deste curso organizado e impartido por persoal do Concello. Na formación aprenderon as bases da mecanografía e puideron adquirir unha maior soltura co teclado. Practicaron con varias plataformas online e aprenderon outros coñecementos básicos relacionados coa informática.

Agora no mes de agosto comeza outro curso de informática para a rapazada de Teo. Nesta ocasión, o obxectivo é que os nenos e nenas adquiran habilidades no emprego do ordenador e Internet, aprendendo de forma sinxela e áxil a ser autónomo na elaboración dos traballos escolares. Para iso, profundizarán sobre os programas de Windows, Libreoffice, Internet e procesadores de textos como Word ou Writer.

As prazas tamén son limitadas, pois obedecen ao número de ordenadores dispoñibles na aula de informática situada no edificio Constante Liste. O prazo para anotarse remata o vindeiro xoves, 31 de xullo. 


 


 


 

foto