O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Peón de brigada de prevención e extinción de incendios. Ano 2025.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR CATRO POSTOS DE PEÓNS DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS 

Publícase a 2ª acta da sesión do Tribunal para a selección de catro (4) postos de peóns de brigada de prevención e extinción de incendios  para o Concello de Teo. 

Do mesmo xeito, dáse por rematado o proceso selectivo mediante a publicación da puntuación final total das persoas aspirantes do proceso selectivo, por orde de puntuación, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello. 

Publicado en teo.gal a 7 de agosto de 2025.

 

BAREMACIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR CATRO POSTOS DE PEÓNS DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS 

Publícase o resultado da baremación das aspirantes no proceso selectivo para ocupar catro (4) postos de peóns de brigada de prevención e extinción de incendios  para o Concello de Teo. 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da proba práctica o mércores 6 de agosto as 17:45 na nave de Protección Civil sita no lugar de Lucí, nº 58, parroquia de Lucí.

Publicado en teo.gal o 5 de agosto de 2025. 

 

LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR CATRO POSTOS DE PEÓNS DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS  
 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar catro (4) postos de peóns de brigada de prevención e extinción de incendios  para o Concello de Teo.

Convócase ao tribunal na Casa Consistorial, para a realización da baremación de méritos, ás 12.30 horas do martes 5 de agosto de 2025.

 

LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR CATRO POSTOS DE PEÓN DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS  
 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar catro (4) postos de peón para a brigada de prevención e extinción de incendios para o Concello de Teo.

As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de persoas admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de dous (2) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.


Publicado en teo.gal o mércores, 30 de xullo de 2025.