O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Cortes programados no subministro de rede eléctrica para o día 21 de agosto en varias zonas do concello

| compartir:

A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Teo de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o día 21 de agosto en varias zonas do concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. 

Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares, nos seguintes horarios:

*entre as 04.00 e as 07.00 horas o corte será en:

  • Lugar de Montouto: números 13, 14 e 15.
  • Urbanización Montouto: número 5.
  • Rúa Concepción Arenal (Parque Montouto): números do 1 ao 43.
  • Rúa Rosalía de Castro (Parque Montouto): números impar do 1 ao 25.
  • Lugar A Póboa: números 11, 13 e 15.

* De 03.00 a 06.00 horas, os cortes produciránse nos seguintes lugares:

  • Rúa Fonte Xesteira (Lugar de Montouto): número 2.
  • Rúa Pena Escorredía (Lugar de Montouto): número 1.
  • Rúa Tallos do Ministro (Parque Montouto): números 5 e 7.
  • Rúa Fonte Xesteira (Lugar de Os Tilos): números 1, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 12, 13, 15.
  • Lugar A Póboa: número 17.

* De 00.00 a 03.00 horas, os cortes produciránse nos seguintes lugares:

  • Rúa das Mamoas de Montouto (Lugar de Montouto): número 2.
  • Rúa Pena Escorredía (Lugar de Montouto): número 8.
  • Lugar A Póboa: números 1, 3, 6, 18, 88, 90, 96, 122.


 

foto