O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello atopou un erro no tríptico informativo das escolas municipais deportivas, concretamente na actividade de KARATE para a rapazada.
Neste senso, a actividade desenvolverase os XOVES en horario de 16.00 a 17.00 horas, no pavillón de Calo. Na ficha de inscrición xa estaba correcto o día, polo que pregamos desculpas ante esta confusión.
Por este motivo, o Departamento de Deportes decidiu ampliar o prazo para anotarse nesta actividade ata o mércores 10 de setembro. Pero só nesta actividade, xa que para o resto de actividades -tanto deportivas como culturais- o prazo remata este luns 8 de setembro.