O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello licita o contrato para o afirmado e acondicionamento dos viarios municipais de Vilar de Vispo a Mosteiro e de Veitureira a Grela

| compartir:

O Concello licita o contrato para o afirmado e acondicionamento dos viarios municipais que van de Vilar de Vispo a Mosteiro e de Veitureira a Grela, por importe de 212.548,39 euros, logo de que o contrato para o arranxo da primeira vía quedara deserto. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 2 de outubro. 

O deterioro do viario municipal en xeral é consecuencia da antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como das inclemencias meteorolóxicas e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, polo tráfico de vehículos diario que discorre por él. As actuacións previstas neste proxecto pretenden resolver o deficitario estado de conservación do pavimento desta calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas pola veciñanza. 

Así, as obras previstas consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodamento deste viario. Procederase á limpeza de gabias e ao reasfaltado da calzada mediante aglomerado asfáltico, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Tamén se procederá á subida de tapas de rexistro e á correspondente sinalización horizontal e vertical coa colocación de sinais.

No caso da estrada que vai de Vilar de Vispo a Mosteiro, o tramo a reparar conta cunha lonxitude total duns 2.800 metros, con anchuras variables, e unha superficie total a aglomerar de 11.200 m2. 

No caso da estrada que vai de Veitureira a Grela, o tramo a reparar conta cunha lonxitude total duns 1.600 metros, con anchuras variables, e unha superficie total a aglomerar de 6.400 m2. 


 

foto