O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, presentou no Concello unha guía práctica sobre os pombais do municipio, da man dos autores do libro, Patricia Castelao e Pablo Sanmartín.
A rexedora puxo en valor este novo libro, o cal recolle información detallada dos 40 pombais localizados no municipio teense. “Falamos de elementos arquitectónicos de gran valor cultural e histórico, dignos de ser conservados e catalogados”, matizou a alcaldesa. Un libro froito dun traballo “rigoroso” que, tal e como recollen os seus autores, “contribúe a manter viva a memoria histórica destes bens culturais”.
Asemade, Calvo de la Uz destacou que estes monumentos, xunto con outros elementos como os hórreos ou os cruceiros, son unha clara representación do patrimonio etnográfico galego, converténdose nun elemento moi singular do rural galego en xeral e do teense en particular.
O libro, ademais de recoller información destas infraestruturas, analiza a súa evolución na historia, abordando os usos e utilidades principais que tiñan os pombais en xeral e os de Teo en particular. De feito, tal e como se recolle na guía, os pombais teenses caracterízanse polo seu modelo circular (31), aínda que tamén os hai de planta cadrada/rectangular e tan só un de planta poligonal.
Os pombais están presentes en 9 das 13 parroquias que conforman o concello, sendo a de Calo a que rexistra máis estruturas deste tipo (12), seguida de Luou (6), Reis (5), Oza – Cacheiras – Teo (4), Recesende – Rarís (2) e Lampai cun pombal no seu termo xeográfico. Deste total de pombais, 32 pódense catalogar como históricos, cando menos centenarios.
A presentación oficial do libro farase nos vindeiros días, onde os seus autores explicarán polo miúdo o contido do mesmo e o obxectivo final da súa publicación.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| LIBRO OS POMBAIS DE TEO.pdf | 12.7 MB |