O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Neste espectáculo musical, coñeceremos a historia de Landra, e a súa viaxe por Galicia, acompañada do seu amigo Lambón. As cancións, interpretadas por Sabela Olivares e Suso Bello, darán a coñecer esta aventura para facer bailar e rir a nenas e nenos e maiores!
Os Jalochos presentan este espectáculo que ten como obxectivo fomentar entre as crianzas o uso da comunicación escrita e oral da lingua galega como fonte de diversión e aprendizaxe, tendo en conta a inclusión, a igualdade e os valores sociais e colaborativos. Os Jalochos teñen como obxectivo xogar coa música e a palabra a través dun concerto de participación activa mediante xogos basados no ritmo, na percusión corporal, no baile, na escritura creativa e a lingua de signos.
Para asistir hai que facer reserva previa, que podes facer neste mesmo espazo.