O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A alcaldía publica unha resolución sobre medidas por mor do Coronavirus

| compartir:

Diante da evolución do brote da enfermidade coñecida como COVID-19 (coronavirus) e as medidas de contención extraordinarias adoptadas polos gobernos estatal e autonómico reflectidas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo (BOE núm. 67 do 14 de marzo) e, en relación cos lugares de traballo do sector público, pola Resolución do 15 de marzo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta alcaldía en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, previstas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia dende a alcaldía do Concello de Teo publícase a seguinte resolución que podes consultar completa premendo aquí

Na resolución establécese a suspensión de calquera actividade municipal durante o período que dure o estado de alarma así como o peche de instalacións municipais como bibliotecas, escolas infantís, parques infantís, pavillóns ou a piscina da Ramallosa. En definitiva calquera espazo que poida favorecer a concentración de persoas. 

Tamén se establece dende o 16 de marzo de 2020 e durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, o peche total da atención presencial nas oficinas municipais, agás aqueles servizos que se declaran esenciais para atender as necesidades prioritarias da cidadanía de Teo e que son os seguintes:

a) Seguridade e Emerxencias (policía e protección civil)

b) Atención á Cidadanía (telefónica e telemática)

c) Oficinas centrais do Rexistro Xeral e Padrón de habitantes

d) Servizos Sociais

e) Secretaría Xeral

f) Servizo municipal de abastecemento e saneamento

g) Servizo municipal de limpeza de edificios

h) Intervención (rexistro telemático de facturas)

i) Tesourería (pagamento a proveedores)

j) Brigada municipal de servizos básicos e mantemento eléctrico

k) Cemiterio

l) Persoal directivo

m) Servizo de Informática

n) Servizo de Xestión de Persoal

A atención nestes servizos esenciais será unicamente telefónica e telemática. A atención presencial será motivada por razóns de urxencia e para isto precisará cita previa, a través do teléfono 981 815 700. Do mesmo xeito, recoméndase o uso dos correos electrónicos dos distintos departamentos para poder realizar xestións non presenciais. Podes consultar aquí os datos de contacto dos distintos departamentos municipais. 

Así mesmo queda suspendida a convocatoria e sesións de todos os órganos colexiados do Concello de Teo, tales como, Plenos, Comisións Informativas, Xuntas de Goberno, Mesas de Contratación, Tribunais cualificadores, Mesas de negociación, e resto de reunións de membros de Corporación e de empregados públicos.

Tamén se suspenden os termos e interrómpense os prazos para a tramitación de todos os procedementos administrativos do Concello de Teo. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia a declaración do estado de alarma ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. Os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito quedarán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, no seu caso, das prórrogas que se adoptaren.

Lémbrase á poboación de Teo que é obrigado o cumprimento do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID 19 publicado no BOE de 14 de marzo de 2020, que se incorpora na web do concello.

Consulta aquí a resolución da alcaldía completa

coronavirus

Arquivos descargables