O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
En relación co funcionamento dos Servizos Sociais municipais estes días dende o Concello lembramos que Os Servizos Sociais municipais seguen activos durante esta crise sanitaria para atender as urxencias sociais que poidan xurdir e mantense activo o Servizo de Axuda no Fogar, seguindo as instrucións do Ministerio de Dereitos Sociais.
As urxencias sociais derivadas da pandemia provocada polo Covid-19 serán atendidas no teléfono 981 809 707 de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas. En horario de tardes ou nas fins de semana, de producirse un suceso que provoque unha emerxencia non aprazable, poderán comunicalo no 609 716 761.
Atenderase de xeito preferente a satisfacción de necesidades básicas (comida e medicinas) de persoas illadas sen apoio familiar. O resto das demandas serán tratadas tendo en conta as prioridades técnicas e as posibilidades do servizo.
Seguindo as indicacións do Ministerio de Dereitos Sociais, estase procedendo a estudar os casos de persoas dadas de alta nos centros de día, as altas hospitalarias de pacientes que deben voltar aos seus domicilios en distintos estados de recuperación e as listaxes de agarda dos servizos de axuda no fogar. Así mesmo, estase consultando coas familias a necesidade de atención a domicilio no momento actual, tanto para limitar a exposición das persoas usuarias a contactos con persoas alleas á familia como polos posibles cambios laborais que faciliten unha atención directa das familias a dependentes.
No momento actual, a reorganización das prioridades fai que exista dispoñibilidade de persoal para atender a todas as persoas que o necesitan. Se nalgún momento a evolución da infección do COVID-19 provocara unha situación na que non se puidera asegurar a satisfación das necesidades básicas da nosa veciñanza, fariamos unha solicitude de colaboración á sociedade teense para prestar algún dos servizos a través do voluntariado.
No que respecta á situación das familias máis vulnerables no plano económico e que poidan ter necesidades non aprazables de apoio para a cobertura de necesidades básicas, os Servizos Sociais están igualmente dispoñibles por vía telefónica e a través do correo electrónico servizossocias@teo.gal para valorar as circunstancias que se presenten, podendo habilitarse procedementos de oficio para facilitar o acceso a axudas de emerxencia social.