O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, en Teo queremos ter presente este día o vindeiro sábado, 11 de outubro. Para iso, o Concello programa unha serie de actividades, entre elas unha charla sobre a alimentación das mulleres nas diferentes etapas da vida, da man de Minia de Latexos de Turismo e Idoia Fidalgo Calo de NaturAmes.
Abordaranse os seguintes contidos:
- Contexto e introdución, conceptos. Alimentación consciente, mindful eating...
- Principios da alimentación consciente.
- Beneficios.
- Vinculación da alimentación consciente cos ciclos da muller: puberdade, idade reprodutora, perimenopausia, menopausia, postmenopausia...
- Degustación consciente e cos 5 sentidos, dun alimento local de Teo ou de diferentes augas.
Esta actividade terá unha duración aproximada dunha hora.