O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende a Concellería de Educación somos conscientes de que na situación de Estado de Alarma o alumnado ten que seguir a súa formación nos seus fogares. Para tratar de paliar unha posible fenda educativa nas familias teenses, ben por carecer de medios ou recursos necesarios, activamos o servizo de Apoio Escolar en colaboración co tecido educativo: centros educativos e as ANPAS.
Este consta de varias liñas de actuación de balde para facer fronte á situación, e para facilitar a tarefa ó alumnado, ás súas familias, e ao profesorado durante o confinamento. Entre eles están: imprimir e facer fotocopias de traballos escolares e dos apuntes imprescindibles para levar a cabo a actividade lectiva, así como trasladar material educativo ós seus fogares, como libros que lles quedasen ó alumnado nas aulas dos centros
ou ben nas taquillas etc. e que sexan necesarios para o correcto seguimento do curso.
Aquelas familias que o precisen, a partir vindeiro martes día 14 de abril poden facer a súa solicitude á Concellaría de Educación a través do enderezo electrónico: educacion@teo.gal. No correo electrónico débense indicar os datos do/a neno/a así como o seu enderezo e un teléfono de contaco.
Unha vez recibida a solicitude tramitarase, e a través do persoal municipal entregarase no enderezo indicado. Así mesmo, quedamos á disposición da comunidade educativa para o que precisedes e que estea nas nosas mans.
Descarga aquí o cartel informativo do servizo de apoio escolar.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Servizo Apoio Escolar.jpg | 122.16 KB |