O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Concellaría de Deportes programa un curso on line de Xestión de instalacións deportivas. O concelleiro Ignacio Iglesias destaca que "a actual situación impide a práctica deportiva, e imponos un cesamento das actividades pero pensamos que esta actividade formativa pode mellorar o deporte de Teo e tamén aproveitamos este momento de parón de actividades". O curso dura 45 horas e pódese realizar en cinco semanas con dinamización e coordinación de docente.
Iglesias explica que "o curso está pensado para as entidades deportivas do Concello e priorizarase unha persoa por clube". Haberá 20 prazas e para anotarse as entidades deportivas deben enviar un correo a deportes@teo.gal ata o 22 de abril no que inclúan os datos da persoa que vai realizar o curso. Pódense enviar máis solicitudes que quedarían en agarda.
O curso tratará tres aspectos fundamentais: a situación actual do deporte, a lexislación en materia deportiva e a xestión deportiva. Nas diferentes clases farase un percorrido polos aspectos legais e empresariais do deporte así como unha análise do mercado na actualidade para poder adaptarse mellor a el. Tamén se traballarán as habilidades para a xestión eficaz dunha instalación deportiva.
Para realizar o curso no se precisa titulación específica. Só ordenador e conexión a internet.