O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
No mes de marzo a Concellaría de Educación e Cultura, consciente das dificultades dalgún alumnado para continuar o curso escolar, puxo en marcha o Servizo de Apoio Escolar en colaboración co tecido educativo: centros educativos e ANPAS. Neste servizo deuse resposta a máis de 200 demandas de familias para que o alumnado puidese seguir coa súa actividade lectiva. Neste mes de maio, conscientes de que a situación de Estado de Alarma continúa e o alumnado non retomou a volta ás aulas e que ten que seguir a formación dende os seus fogares, continuamos con este servizo abrindo un novo prazo de solicitude e ampliándose este no caso do servizo de fotocopias a outro alumnado.
Continuamos pois na mesma liña de paliar unha posible fenda educativa nas familias teenses, ben por carecer de medios ou recursos necesarios, ou por outros motivos, e mantemos o servizo de Apoio Escolar. Lembramos que este consta de varias liñas de actuación de balde para facer fronte á situación e para facilitar a tarefa ó alumnado, ás súas familias, e ó profesorado durante o confinamento. Entre eles están: imprimir e facer fotocopias dos traballos escolares e dos apuntes imprescindibles para levar a cabo a actividade lectiva, ampliándose este servizo ó alumnado de FP e universidades. Mantense respecto aos centros de Infantil, Primaria e Secundaria teenses o traslado de material educativo ós seus fogares, como libros que lles quedasen ó alumnado nas aulas dos centros ou ben nos armarios con chave, etc. e que sexan necesarios para o correcto seguimento do curso.
Aquelas familias que o precisen, poden facer a súa solicitude á Concellaría de Educación a través do enderezo electrónico: educacion@teo.gal.
Unha vez recibida a solicitude tramitarase, e a través do persoal municipal entregarase no enderezo indicado.
Descarga aquí o cartel informativo.
Así mesmo, continuamos á disposición da comunidade educativa para o que precisedes e que estea nas nosas mans.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
II Servizo Escolar.jpg | 160.97 KB |