O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O próximo 17 de maio celébrase o Día de Internet. Para conmemoralo, a Aula de Informática do Concello ten programada a publicación de diversos recursos con información, nubes de palabras, quebracabezas, infografías, xogos e sorteos dende o 11 ao 31 de maio no Facebook da Aula.
A Aula de Informática do Concello de Teo, segue a contribuír, nestes tempos de confinamento, a manter servizos e actividades de animación ás novas tecnoloxías a través das redes sociais. Por iso a Aula, celebrará a efeméride do Día de Internet desde o 11 ao 31 de maio, facendo especial fincapé na semana do 11 ao 17 de maio, con actividades que se levarán a cabo a través da páxina de Facebook da Aula afondando na orixe desta data. Neses días, publicaranse recursos con información, nubes de palabras, quebracabezas, infografías, xogos e sorteos relacionados con Internet.
Sorteo de debuxos e mostra de fotos do confinamento
Entre as iniciativas que se poñen en marcha dende a Aula están un Sorteo de debuxos infantil e unha exposición de fotos do confinamento en Teo. O sorteo de debuxos está dirixido a nenos e nenas de ata os 12 anos empadroados no concello. Se desexan participar deben enviar unha foto dixital tomada dalgún cartel creado por eles con debuxos de ánimo neste tempo de confinamento. Pódese empregar calquera tipo de material co único requisito de que sexa unha imaxe
positiva acompañada do cancelo #teodebuxosdesdeacasa e #auladiainternet que deben pendurar neste apartado especifico do Facebook da Aula de Informática: https://n9.cl/sxze8. Non vos olvidedes de poñer o voso nome e idade e lembra que a foto sexa pública!!! As fotos con máis LIKES serán as gañadoras e optaran a un premio de tres fantásticos lotes de material de artes plásticas ( por exemplo: rotuladores, cartolinas, lápices, plastilina...) que serán mercados nas librerías do Concello para axudalas nestes difíciles momentos.
Con todos os traballos que se presenten realizarase unha exposición na Aula de Informática a finais do
mes de xuño (se as condicións o permiten). ¡¡¡Dálle paso á túa creatividade!!!
Máis información sobre as bases do concurso premendo aquí
Por outra banda tamén se prepara unha exposición na que se convida á cidadanía a recoller as imaxes de Teo que os veciños e veciñas vén dende as súas xanelas, balcóns, xardíns ou hortas. Para tomar parte nesta exposición, cómpre pendurar unha fotografía neste apartado especifico do Facebook da Aula de Informática https://n9.cl/4w3u baixo os cancelos #teofotosdesdeacasa e #auladiainternet.
Poderanse colgar tantas fotos como se desexe, indicando na descrición das mesmas o lugar onde están sacadas e o autor ou autora da mesma. Non entrarán dentro da exposición as imaxes que inclúan persoas identificables, contidos sexistas ou que danen a sensibilidade das persoas. Con todos os traballos que se presenten realizarase unha exposición na Aula de Informática a finais do mes de xuño(se as condicións o permiten).
As persoas que desexen participar estas actividades poderán seguir as publicacións, os xogos e demais recursos no Facebook coa etiqueta #auladiainternet. Porque FICAR NA CASA, é tamén unha oportunidade para descubrir novas experiencias, aprender e divertirse.
Estade atent@s a partir do luns 11 ao facebook da aula.
Podes ver o cartel informativo premendo aquí
Adjunto | Tamaño |
---|---|
CARTEL ACTIVIDADES DIA DE INTERNET 2.pdf | 584.15 KB |
CARTEL EXPOSICIÓN DE FOTOS CONFINAMENTO.pdf | 1.46 MB |
cartel sorteo debuxos infantil.pdf | 735.17 KB |