O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Xornada micolóxica e gastronómica do Concello de Teo (3ª quenda)

Data e hora

Localización
Casa Común de Raris
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Programa

10.00 h Presentación "O reino fungi"

10.30 h Presentación "Os principais grupos de cogomelos"

11.30 h Saída ao campo: identificación e recolección.

14.30 h Xantar campestre

15.45 h Clasificación do recollido durante a saída. Emprego de guías e claves dicotómicas.

17.00 h Cociña ao vivo e degustación

Descrición da xornada:

Trátase dun día completo que se inicia ás 10.00 h cunha charla divulgativa de iniciación ao Reino Fungi e os seus principais grupos, na casa Común de Rarís.

A saída ao monte para a identificación e recolección por especies farase en coches particulares  ata a fraga ou devesa de maior interese de recolección.

O xantar farase na Casa Común de Rarís arredor das 14.30 h. A comida e bebida é a cargo dos participantes.

A xornada da tarde consistirá na clasificación das especies recollidas empregando claves dicotómicas e guías

A actividade rematará cunha experiencia de cociña ao vivo; elaboración sinxela de pratos de cogumelos con especies da contorna e degustación dos mesmos. Duración aprox de 2 horas.

Realización e adaptación das diferentes actividades do programa suxeitas ás previsións meteorolóxicas e a idoneidade do lugar da saída ao monte.
Observacións
- Traer libreta e boli para tomar notas. Especialmente durante a segunda presentación, xa que alí recibirán instrucións para empregar as guías dun xeito máis apropiado.
- roupa de abrigo
- chubasquero
- calzado impermeable
- cesta de bimbio ou de castiñeiro
- navalla
- Desexos de pasalo ben!!!
Recomendación para cancelacións: Se vostede precisa cancelar a súa inscrición favor de enviar a notificación a turismo@teo.gal ou vía whatsApp 698186891. Non responder ao enderezo electrónico de esta plataforma.
Listaxe de agarda
Xornada micolóxica
Información PDF
Adjunto Tamaño
Cogomelos_intro+taxo2025.pdf 8.51 MB

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego