O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Unha obra, para todos os públicos, de xénero cómico pero cun clima sinistro, brumoso, no que cada personaxe colabora en que cada situación depresiva e escura vaia tornando en esperpéntica, surrealista e super cómica.
Grupos de persoas intentando cazar un asasino, historias de amor ridículas, discursos filosóficos que nos trasladan ó outro lado da realidade ou persecucións que nos arrastran a lugares improbables da condición humana.
En resumo, unha obra escura, divertida e sorprendente!
Chumpá Teatro, baixo a dirección de Paco Luna, quere levar esta vez ao público unha divertidísima e surrealista comedia do mestre Woody Allen.
Día: domingo 16 de novembro
Hora: 19:00 h
Lugar: Auditorio Constante Liste
Para asistir non é necesario facer a reserva de praza. O acceso será libre ata completar aforo.