O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Nova edición do evento Xuventude en Teo

| compartir:

O Concello e a Asociación Deportiva MAPP organizan, por segundo ano consecutivo, unha nova edición do evento Xuventude, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de novembro nas instalacións exteriores do IES Cacheiras. 

A cita desenvolverase en horario de tarde, das 16.00 ás 23.00 horas. Durante toda a xornada haberá moitas actividades para que a rapazada poida desfrutar dunha tarde amena e divertida. 

Neste senso, está programado un obradoiro de origami, de tiro con arco e de defensa persoal. Haberá clases de baile moderno e diversos torneos, entre eles de futbolín, de baloncesto (3x3), de tenis de mesa e de fútbol (3x3). A primeira hora da tarde será de xogo libre, onde os asistentes poderán tamén anotarse in situ ás actividades programadas ao longo do día ou ben facelo pinchando aquí.

Cabe sinalar que cada persoa poderá participar en máis dunha actividade, xa que son completamente independentes e os horarios permitirán cursar varias delas. Ao longo da tarde haberá moitas sorpresas para a rapazada pero, sobre todo, moi bo ambiente e con xentiña moi comprometida. De feito, á partir das 20.00 horas haberá pinchos de balde para repoñer forzas e boa música coa disco móbil Chocolate.

Con esta segunda edición, o Concello deixa claro que pretende fomentar un ocio saudable entre a súa xuventude. No caso desta xornada deportiva e cultural, as actividades propostas están pensadas para rapaces e rapazas de entre 12 e 29 anos.


 

 


 

foto