O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo convoca o I Concurso de Decoración do Nadal, baixo o lema “Onde a luz medra: Teo brilla”. Este certame vai dirixido ás empresas de servizo das 13 parroquias do municipio (comercio local, restauración, aloxamento, etc).
O obxectivo é promover a participación activa do tecido empresarial nas celebracións do Nadal, fomentando un ambiente acolledor e visible nestas datas tan entrañables. Ademais, preténdese impulsar valores como o traballo comunitario, a cooperación e a creatividade, ademais de poñer en valor a identidade local, as tradicións e o patrimonio do territorio.
Nesta primeira edición, establécense dúas categorías, unha individual e outra colectiva. Na primeira entraría calquera establecemento aberto ao público situado no municipio que, de xeito individual, instale decoración nos escaparates, balcóns, ventás, portas, fachadas ou xardíns exteriores visibles desde a vía pública.
Na segunda categoría, entrarían os comercios e empresas que ornamenten os espazos comunitarios exteriores de forma conxunta, tal como os lugares das parroquias, prazas, locais comerciais decorados de forma conxunta, rúas ou entradas ou elementos significativos de cada núcleo.
O prazo para inscribirse neste concurso comeza hoxe, 1 de decembro, e ata o vindeiro 15 de decembro. As inscricións deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de forma presencial ou telemática, anexando un mínimo de tres fotografías. As ditas decoracións deberán permanecer instaladas entre o 15 de decemebro e o 7 de xaneiro de 2026.
O xurado encargado de avaliar os traballos estará formado por tres mulleres, interioristas e decoradoras. Trátase de Beatriz Barril Romero, representante da Asociación Cultural de Artesanía de Teo – Arteneo e fundadora do proxecto Spaciob; Sabela Liñeira Mosqueira, fundadora de Decorazul; e Cristina Iglesias Rodríguez, fundadora do proxecto Espacios (c)alma.
Nos criterios de valoración teranse en conta o deseño e composición estética, a creatividade e orixinalidade, a iluminación e visibilidade, o uso de materiais reciclados ou sostibles, a identidade local e os elementos propios da parroquia; así como a compoñente educativa, comunitaria ou de sensibilización. A entrega de premios realizarase o vindeiro 5 de xaneiro, no marco da programación da Cabalgata de Reis do Concello.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| EDICTO BASES CONCURSO DE DECORACIÓN DO NADAL.pdf | 136.28 KB |
| ANUNCIO BOP_BASES DO CONCURSO DE DECORACIÓN.pdf | 139.78 KB |