O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello concede 27.300 euros en bolsas de ensino a case 300 solicitantes

| compartir:

O Concello de Teo concedeu bolsas de ensino e transporte na súa convocatoria anual por un importe de 27.324 euros, case 6.000 euros máis que o ano pasado. Este ano ademais o pago fíxose en dúas partes debido á situación creada pola crise sanitaria xa que a tramitación se estaba retrasando pola suspensión de prazos administrativos. As solicitudes que tiñan a documentación completa puideron pagarse no mes de maio facendo efectivo o pago de 20.071 euros. As peticións que non tiñan toda a documentación presentada e tiveron que subsanar pagáronse recentemente por un importe de 7.252 euros. Segundo explica a concelleira de Educación, Mayte Argibay, "buscamos a maneira de axilizar o pago das bolsas que estaban en condicións de ser concedidas entendendo tamén que moitas familias estaban pasando por situacións complicadas". 

A decisión de continuar o procedemento para as persoas que tiñan a documentación presentada dende o inicio non supuxo ningún prexuízo para os demais interesadso, xa que non se esgotaba o crédito dispoñible quedando garantida a cobertura de todas as solicitudes aínda que a xustificación tivera chegado ao 100%. O crédito dispoñible era de 35.000 euros.

Na convocatoria deste ano fixéranse algunhas modificacións para poder chegar a máis solicitantes. Mudouse o nivel de renda da unidade familiar pasando de 6.000 euros a 7.500 euros per cápita o máximo para recibir as axudas. 

Este ano fixéronse 313 solicitudes, 45 máis que o ano anterior. Destas 31 solicitudes foron excluídas, na maior parte por exceder a renda per cápita. Destas solicitudes o 33,95% foron de estudantes de primaria, sendo os estudos universitarios os seguintes máis beneficiados recibindo o 18,29% das axudas. O alumnado de ESO recibiu o 15,04%, Infantil o o 6,89%, Bacharelato o 11,52% e a FP un 7,14 %. 

Podes consultar aquí máis información sobre a convocatoria das bolsas de ensino e transporte. 

 

bolsas