O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Turismo abre un punto de información turística en Francos

| compartir:

A concellaría de Turismo abriu un Punto de información turística na Casa Común de Francos, no entorno da carballeira de Francos, durante os meses de verán. Este espazo está ubicado no trazado do Camiño Portugués unha vía que, como a maioría dos camiños, conta cada ano con máis visitantes.

Iria Otero, concelleira de Turismo, explica que "apostamos por abrir este punto tres meses durante este verán  como experiencia piloto de cara a detectar as necesidades do turismo que trae esta ruta". A oficina funciona de luns a domingo en horario de 07:00 a 14:00 horas.

Segundo explica o persoal da oficina durante o mes de xullo veuse un incremento de visitantes que pasan sobre todo na primeira parte da mañá e deles xa algún grupo de persoas estranxeiras. Deste xeito tamén se aproveita para informar das últimas novidades respecto da covid, como por exemplo esta semana cando se fixo obrigatorio comunicar ao Sergas a chegada de zonas como Portugal.

Teo está xa na última etapa do camiño antes de chegar a Compostela. O punto de información, no que tamén se pode selar as credenciais, está ubicado nunha das zonas de Teo máis simbólicas polas que pasa o camiño, a carballeira de Francos.

 

oficina turismo