O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Suspéndese o acto de homenaxe a Ánxel Casal por inclemencias metereolóxicas

| compartir:

O Concello de Teo decide suspender o Acto de Homenaxe a Ánxel Casal debido ás inclemencias climatolóxicas adversas.

Tal e como manifesta a concelleira de Cultura "sentimos moito non poder levar a cabo este acto tan entrañable, pero estimamos que debido á especial simboloxía do lugar en que se celebra (A Estivada da Ribeira), non resulta doado celebralo noutra localización que non sexa esa".


Así mesmo, tamén se adía a actuación que acompañaba o acto, da cal se informará cando se programe a nova data.

 

 

O Concello de Teo organiza o acto de lembranza a Ánxel Casal o mércores 19 de agosto na Estivada da Ribeira, en Cacheiras, no lugar no que apareceu o seu corpo no ano 36 despois de ser asasinado. No 84 aniversario do seu pasamento os Concellos de Teo, Santiago e Arzúa e Teo homenaxean a súa figura e traxectoria simbolizando nel o recordo a todas as vítimas da infamia en calquera tempo e lugar. Neste acto tamén participa a Asociación A Oliveira, precursora do mesmo. 

As actividades do mércores 19 de agosto na Estivada da Ribeira comezarán ás 19:00 horas con teatro de rúa para un público familiar coa compañía teense Mad Compass co seu espectáculo Nino&Mambrú os irmáns limpabotas. Será unha actividade ao aire libre e ao acceso é libre e de balde, sempre respectando as medidas de seguridade pola covid-19. 

A continuación ás 20:00 horas terá lugar o acto institucional no que está previsto que participe a alcaldesa accidental de Santiago, Mercedes Rosón e unha persoa representando ao Concello de Arzúa. A anfitrioa será Uxía Lemus, alcaldesa accidental do Concello de Teo estes días. O acto rematará coa tradicional ofrenda floral diante do monolito que lembra a Ánxel Casal. 

Este acto sirve para manter vivo o recoñecemento a Ánxel Casal (A Coruña 1895-Cacheiras 1936), quen destacou polo seu labor como editor e político. Foi o último alcalde republicano da cidade de Santiago e militou no Partido Galeguista dende a súa creación. Tras o triunfo do levantamento do 18 de 1936 de xullo foi detido e paseado o 19 de agosto. O seu corpo apareceu ao carón da estrada en Cacheiras, onde hoxe está o monólito na súa memoria.

Casal

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Anxel Casal 2020 cartaz_0.jpg 518.04 KB