O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O programa Vives Emprega manterase mediante formación semipresencial

| compartir:

O Concello de Teo aposta pola continuidade do programa Vives Emprega que posibilita traballar na busca de traballo a persoas desempregadas. Aínda que desta vez, e debido á actual situación de COVID-19, aposta pola formación en liña e semipresencial para dar soporte ás persoas que decidan formar parte deste programa.

Esta actividade, con varios anos de traxectoria no Concello de Teo, realízase a través dun convenio coa entidade Acción contra el Hambre. Dende o Departamento de Benestar valórase positivamente a experiencia desta ferramenta para acadar emprego e apóstase pola súa continuidade un curso máis e prevé que o grupo deste cuadrimestre funcione entre os meses de setembro e decembro.

O proxecto Vives emprega, que se está realizando noutras vilas galegas e cidades españolas, busca traballar de xeito personalizado cun grupo de persoas demandantes de emprego para potenciar as súas competencias concretas.

O prazo de inscrición no proxecto xa está aberto a aquelas persoas interesadas. Para participar é necesario enviar a solicitude a través da web www.vivesemplea.org, ou enviando un correo ao enderezo-e: veiras@accioncontraelhambre.org, así mesmo, tamén poderán solicitar información por teléfono a Victoria Calvo, coordinadora do proxecto, no número 629 563 058.

Os requisitos para participar no programa é estar desempregada e rexistrada como demandante de emprego ademais de empadroada nun concello da provincia da Coruña.

Vives emprega