O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo fai público o fallo do Xurado do Concurso de Decoración do Nadal 2025 “Onde a luz medra: Teo brilla”, unha vez finalizado o proceso de valoración conforme ás bases reguladoras.
O xurado realizou un percorrido polos establecementos participantes, avaliando as decoracións instaladas nos seus elementos exteriores e visibles desde a vía pública. Posteriormente, cada membro do xurado remitiu de maneira individual as súas puntuacións, que foron agregadas para obter a puntuación media final.
Desde o Concello queremos agradecer a participación de todos os establecementos inscritos, así como o esforzo, a creatividade e a implicación amosada, que contribuíron a encher de luz e ambiente de Nadal as parroquias de Teo.
🎄 Establecementos premiados
Categoría individual
🥇 1º Premio (800 €): Panadería Ferma, S.C. – 66,00 puntos
🥈 2º Premio (400 €): Peluquería Yolanda Tejo – 60,33 puntos
Clasificación final
Panadería Ferma, S.C. – 66,00
Peluquería Yolanda Tejo – 60,33
Alecrym Deseño Floral, S.L. – 60,00
Restaurante Canaletto – 57,33
O Forno de Auri – 56,33
Óptica Río – 53,67
Librería d’Ana – 50,33
Agro da Gandarela – 50,00
A Despensa de Luou – 45,67
Anuska Peluqueros – 43,00
A categoría colectiva quedou deserta.
A entrega de premios realizarase conforme ao previsto nas bases do concurso, no marco da programación da Cabalgata de Reis do Concello de Teo.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Acta_completa_sinan_xurado_firmado Cris+ Bea.pdf | 209.38 KB |