O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O sábado 31 de xaneiro volvemos aos camiños! Retomamos o proxecto de andainas en Teo, baixo o nome de "Voces que camiñan". Este nome danos unha pista sobre o que imos a facer: camiñar mentres falamos, mentres sacamos a nosa voz.
“O corpo que fala” é a primeira andaina do programa Voces que Camiñan, unha proposta dirixida ás mulleres do concello que combina camiñar, reflexión e benestar nun espazo seguro e compartido.
Nesta sesión poñerase o foco na relación co corpo, nas súas sinais internas e na saúde emocional. A través de dinámicas vivenciais e sinxelas traballarase a escoita do corpo como ferramenta de autocoñecemento, coidado e toma de conciencia.
Comezaremos polo que sentimos, recoñecendo límites, permisos propios e necesidades reais.
Voces que Camiñan é un proxecto consolidado que entende o acto de camiñar como unha experiencia terapéutica, política e colectiva, favorecendo o encontro, o apoio mutuo e o benestar das mulleres.
- Actividade gratuíta
- Servizo de canguraxe dispoñible para facilitar a conciliación. Mandar solicitude a cim@teo.gal
- Duración aproximada: 2 horas