O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

ESCRIBIMOS CON ROSALÍA

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza

Inscrición pechada

Prazas por persoa
1

Obradoiro literario con Rosalía de Castro 

Gústache escribir? Gústache ler? Gústache a literatura? 

Dende o Concello de Teo organizamos un OBRADOIRO LITERARIO que chamamos ESCRIBIMOS CON ROSALÍA. 

Unha actividade lúdica e moi interesante na que, da man do escritor Francisco Castro, conseguirás facer os teus propios textos literarios case sen enterarte. Serán dúas horas de viaxe arredor da literatura. 

 Que necesitas? Ganas de pasalo ben e ganas de escribir. Non hai que ter experiencia previa. Só ganas de, como Rosalía, poñer en palabras todo o que levas dentro... Anímate!

Dirixido a persoas maiores de 15 anos. Duración aproximada de 2 horas.

Prazas limitadas a 20 persoas, de balde con inscrición previa. 

Inscricións a partir do 13 de febreiro en 

https://teo.gal/actividades 

Sábado 21 de febreiro de 17.00 h a 19.00 h



 

cartel

Outros eventos por vir