O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Os Concellos de Teo, Santiago e a Xunta acordan a renovación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou cos alcaldes dos respectivos municipios, Rafael Sisto, de Teo, e Xosé Antonio Sánchez Bugallo, de Santiago, este acordo de colaboración.
Coa sinatura deste convenio dáselle continuidade a estas expedicións que vén prestando desde o ano 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago de Compostela.
As viaxes aos Tilos lévanse a cabo nas mesmas condicións que calquera servizo de transporte urbano, en canto ás tarifas, aos descontos, ás frecuencias, aos horarios ou ás características dos vehículos.
Esta conexión en autobús entre a capital galega e a urbanización dos Tilos vénse desenvolvendo mediante a extensión das liñas 6 e 12 do transporte urbano.
A liña 6, entre San Marcos e Os Tilos, opera de luns a venres laborables, desde as 7 horas ata as 22:50 horas, cada 20 minutos. Os sábados, as viaxes efectúanse entre as 7:20 e as 23 horas, e os domingos, entre as 7:30 e as 23 horas, cada 30 minutos.
A liña 12, entre Os Tilos e os hospitais de Santiago, presta os servizos de luns a sábados laborables, desde as 7:15 ás 15:05.
Estas dúas rutas de transporte urbano realizan paradas nas rúas Ameneiro, Castiñeiro, Carballo e Bidueiro, na citada urbanización.
Consulta os datos da liña 6 San Marcos/Os Tilos
Consulta os datos da liña 12 Os Tilos/Hospitais