O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O roupeiro municipal volve a funcionar e pide doazóns de roupa e persoas voluntarias

| compartir:

O roupeiro municipal volve a funcionar despois de que se interrumpira a súa actividade dende a declaración do estado de alarma en marzo. Nos últimos días o concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias, mantivo unha xuntanza co persoal voluntario que leva a organización do roupeiro para que este volva a estar operativo, tanto para a entrega de roupa como para a recollida. 

Os usuarios que precisen roupa poderán utilizalo a partir do 15 de outubro, xa que nestes primeiros días de outubro estarán ordenando e colocando o material. Os días de recollida serán os xoves de 16:00 a 18:00 horas e haberá que facelo con cita previa no teléfono dos servizos sociais, 981809707, ou no correo servizossociais@teo.gal. As familias poderán ir en intervalos de media hora. O roupeiro está na antiga escola de Rarís. Podes ver a súa localización premendo aquí

Entrega de material

As persoas que queiran doar roupa poden entregala no soto do Auditorio Municipal Constante Liste ou no propio roupeiro xa que hai un contedor no recinto exterior. Dende o roupeiro solicitan doazóns de roupa e calzado para poder atender a demanda. O concelleiro tamén destaca a necesidade de novas persoas voluntarias. As persoas interesadas en colaborar terían que ter dispoñibilidade os xoves de 16:00 a 18:00 horas. Se queres facerte voluntario/a escribe a voluntariado@teo.gal e indica os teus datos así como a túa dispoñibilidade. 

 

 

jeans