O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

IV CICLO DA USC - CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA

Data e hora

Localización
Salon de Plenos do concello.

Prazas dispoñibles
25
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Teo volve a acoller o programa Camiños de coñecemento e experiencia da USC dirixido a maiores de 50 anos. Trátase do programa universitario de maiores coñecido como IV Ciclo e para participar non é preciso ter coñecemento previos.

Esta edición será como o ano pasado no Salón de Plenos do concello  en horario de 16:30 a 18:00h, e contará con seis sesións e unha visita a colexiata do Sar.

O programa está dividido en catro temáticas diferenciadas de dúas sesións en tres das catro temáticas, e unha sesión na cuarta, e que serán impartidas  polos profesores colaboradores do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC, Dna. Dolores Barral Rivadulla, D. Álvaro Dosil Rosende, D. Marcos Pequeño Goris e D. Manuel Andrade Baliño.

Comezaremos o luns 2 de marzo cunha sesión teórico-práctica sobre a colexiata do Sar e para o martes 3 de marzo está programada unha visitia ao monumento.

Os días 4 e 5 de marzo terán lugar dúas sesións sobre o uso do móbil, e os días 9 e 11 de marzo a temática a tratar serán as emocións no cine: mirando máis aló da pantalla.

O día 10 de marzo desenvolverase a última sesión que leva por título "Un eclipse total".

Para participar non se require ningún tipo de formación académica previa, e terán preferencia as persoas non matriculadas no programa oficial do IV Ciclo da USC.
 

A reserva inicial hai que facela neste mesmo espazo, e posteriormente enviarase por correo electrónico unha ficha que haberá que cubrir e ben entregar dixitalmente ou presencialmente no Departamento de Cultura para formalizar a matrícula (tamén se pode recoller a ficha no propio departamento).

Inscribirse
IV CICLO
Información PDF
Adjunto Tamaño
Folleto TEO.pdf 3.2 MB

Outros eventos por vir