O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello publica a convocatoria das bolsas de ensino e transporte para o curso 2020/21, á que adica unha partida de 35.000 euros. As bolsas están destinadas a gastos de material escolar, libros de texto ou contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria nas familias con menos recursos económicos. Este ano como novidade recóllese que se poderán incluír os instrumentos musicais que soliciten os centros como material escolar subvencionable. O prazo para pedir as bolsas comeza o 15 de outubro e remata o 12 de novembro.
Consulta a convocatoria completa das bolsas de ensino e transporte
Descarga aquí o impreso de solicitude das bolsas
A concelleira de Educación, Mayte Argibay, lembra que para preparar as bases desta convocatoria "estamos en permanente contacto coa comunidade educativa para poder recoller as súas necesidades e axustarnos mellor á realidade das familias". A concelleira lembra que o máximo para recibir as axudas é de 7.500 euros per cápita, unha cifra que o ano pasado se incrementara para poder atender a un maior número de solicitudes.
As axudas para gastos de material escolar, libros de texto e contidos dixitais poden pedirse para alumnado de Primaria e Infantil dos centros públicos do municipio, para estudantes da ESO ou de Bacharelato dos IES de Cacheiras e de Pontepedriña ou de IES con modalidades inexistentes neses dous centros, para estudos de FP ou PCPI de calquera centro público, para estudos universitarios en calquera campus galego, para ensinanzas de réxime especial e ensinanzas artísticas superiores en centros galegos e para alumnado con necesidades educativas especiais en calquera centro.
As axudas de transporte diríxense a alumnado de FP, PCPI, estudos universitarios, Bacharelato ou ensinanzas artísticas superiores en centros situados fóra da área do sistema de transporte metropolitano de Santiago. Os/as estudantes da área de Santiago xa teñen bonificado o uso do transporte público.
Importe das axudas
As axudas, deben xustificarse sempre e non poderán ser maiores que o gasto. En Infantil, Primaria e ESO poden chegar aos 100 euros, no caso de necesidades educativas especiais, Bacharelato e FP aos 150 euros mentras que no caso dos estudos universitarios e ensinanzas artísticas superiores o máximo serán 200 euros.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
CONVOCATORIA AXUDAS ENSINO CURSO 2020-2021-BOP 14-10-2020.pdf | 122.58 KB |
solicitudebolsasensino_2020_21.pdf | 128.42 KB |