O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Escolas Infantís. Curso 2026-2027.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZA E AGARDA DAS EEIIMM PARA O CURSO 2026-2027

Tras a reunión da Comisión de Baremación o pasado martes 28 de abril nas que foron revisadas as solicitudes de acceso a praza nas Escolas Infantís Municipais, publícase a listaxe provisional na que figuran as prazas adxudicadas e as solicitudes en agarda.

Ábrese o prazo para reclamacións desde o 5 ata o 15 de maio (ambos incluídos).

Pode consultar esta información no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, a través deste enlace: https://sede.teo.gal/es/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260504120011896.html

As listaxes tamén están expostas no taboleiro de edictos do Concello e nas tres escolas infantís.

 

--- X ---

 

Ábrese o proceso de admisión para o novo curso 2026-2027 que comeza en setembro.

Reserva de praza

Entre o 1 e o 16 de marzo abre o prazo para renovar praza para os/as nenos/as que xa están asistindo a algunha das escolas e cuxos membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello. Os impresos para renovar entregaranse nas escolas ou podes descargalo premendo aquí e deben presentarse por rexistro dentro do prazo sinalado.

 

Novas solicitudes

Entre o 16 e o 31 de marzo ábrese o prazo para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou cuxa data prevista de parto sexa anterior ao 1 de xuño. Os impresos de solicitude poden recollerse nas escolas, nos servizos sociais, no rexistro do concello ou descargar premendo aquí.

Podes consultar aquí o baremos de puntos para o acceso ás escolas.

 

Para calquera información poden chamar ao teléfono 881819356, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ou no enderezo electrónico eimteo@teo.gal