O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZA E AGARDA DAS EEIIMM PARA O CURSO 2026-2027
Tras a reunión da Comisión de Baremación o pasado martes 20 de maio nas que foron revisadas as solicitudes de acceso a praza nas Escolas Infantís Municipais, publícase a listaxe definitiva na que figuran as prazas adxudicadas e as solicitudes en agarda.
Poden consultar esta información no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, a través deste enlace: https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260528123000530.html
As listaxes tamén están expostas no taboleiro de edictos do Concello e nas tres escolas infantís.
Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 1 AO 15 DE XUÑO, AMBOS INCLUÍDOS, de non ser así perderíase a praza.
O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.
Todas as persoas que se matriculen deben achegar:
Declaración da renda do ano 2025 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.
Xustificación documental de que a crianza se atopa ao día no seguimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
No caso de aquelas crianzas que figuran como pendentes de nacemento, deberán achegar tamén a xustificación documental de que a crianza naceu antes do 1 de xuño.
Domiciliación bancaria selada pola entidade ou acompañada de documentación xustificativa da titularidade.
A formalización da matrícula pode facerse:
Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa documentación sinalada anteriormente.
Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula, e a documentación sinalada anteriormente.
--- x ---
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZA E AGARDA DAS EEIIMM PARA O CURSO 2026-2027
Tras a reunión da Comisión de Baremación o pasado martes 28 de abril nas que foron revisadas as solicitudes de acceso a praza nas Escolas Infantís Municipais, publícase a listaxe provisional na que figuran as prazas adxudicadas e as solicitudes en agarda.
Ábrese o prazo para reclamacións desde o 5 ata o 15 de maio (ambos incluídos).
Pode consultar esta información no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, a través deste enlace: https://sede.teo.gal/es/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260504120011896.html
As listaxes tamén están expostas no taboleiro de edictos do Concello e nas tres escolas infantís.
--- X ---
Ábrese o proceso de admisión para o novo curso 2026-2027 que comeza en setembro.
Reserva de praza
Entre o 1 e o 16 de marzo abre o prazo para renovar praza para os/as nenos/as que xa están asistindo a algunha das escolas e cuxos membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello. Os impresos para renovar entregaranse nas escolas ou podes descargalo premendo aquí e deben presentarse por rexistro dentro do prazo sinalado.
Novas solicitudes
Entre o 16 e o 31 de marzo ábrese o prazo para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou cuxa data prevista de parto sexa anterior ao 1 de xuño. Os impresos de solicitude poden recollerse nas escolas, nos servizos sociais, no rexistro do concello ou descargar premendo aquí.
Podes consultar aquí o baremos de puntos para o acceso ás escolas.
Para calquera información poden chamar ao teléfono 881819356, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ou no enderezo electrónico eimteo@teo.gal
| Attachment | Size |
|---|---|
| TABOAS informativas puntos 2026-2027.pdf | 113.01 KB |
| SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA 2026-2027.pdf | 129.94 KB |
| SOLICITUDE DE NOVO INGRESO 2026-2027.pdf | 143.37 KB |
| información sobre as listaxes provisionais CURSO 2026-2027.pdf | 170.79 KB |
| información listaxes definitivas escolas infantis curso 2026-2027.pdf | 138.06 KB |
| domiciliación taxa EIM_12.pdf | 76.21 KB |
| MATRICULA ORDINARIA 2026-2027.pdf | 146.25 KB |