O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Na procura dos cabaliños do San Martiño é un xogo pensado para pasear en pasear en familia durante este mes de novembro. Dende a área de Turismo do Concello, dirixida pola concelleira de María López, convídannos a participar na búsqueda de oito cabaliños que temos soltos por Teo.
No ano 2020 os cabalos non puideron chegar á feira cabalar do San Martiño e temos algúns despistados polo Concello. Propoñémosvos un xogo que consiste en atopalos e, como neste ano está todo moi cambiado, tamén vos pedimos atención, porque estes cabalos non son os habituais da carballeira senón que son de madeira!
Entre o 6 e o 30 de novembro, poderedes buscalos nalgunha das oito rutas que se vos propoñen no folleto que podedes descargar premendo aquí, onde ademais xa vos vai algunha pista para localizalos. Hai rutas looooongas, outras máis curtiñas pero todas están pensadas para que gocedes dalgúns dos lugares máis fermosos e interesantes que temos en Teo.
No folleto tedes un código QR que vos leva a unha páxina con información máis detallada de cada unha das rutas.
Que facemos se atopamos un destes cabalos?
É moi importante tratalos con agarimo, pois non queremos que se angustien con tanta visita. Tampouco son cabalos de monta, polo que non poderedes subir enriba! Pero se vos presta, deixade constancia do encontro a través dunha foto vosa cos cabalos. Podedes subir as fotos ás redes sociais co cancelo #sanmartiño2020 ou envialas a turismo@teo.gal, onde comprobaremos os vosos encontros. As crianzas que consigan atopar como mínimo seis dos oito cabalos despistados obterán un vale para un bautismo hípico, se tes máis de seis anos, nunha hípica do Concello. Veña!
Fagamos deste San Martiño tan atípico un recordo fermoso!
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Folleto SAN MARTIÑO 2020_RRSS.pdf | 3.19 MB |