O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O mércores 25 de novembro celébrase o pleno ordinario ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Nesta sesión tomará posesión D. Manuel Barreiro Rozados como concelleiro da corporación polo BNG despois da renuncia de Manuel Anxo Fernández Baz.
Na sesión tamén se votará a proposta da alcaldía na que se propón revogar o acordo plenario de outubro de non dispoñibilidade de créditos. O pleno de outubro aprobou a non dispoñibilidade de 525.000 euros mais o 13 de novembro recíbese unha comunicación da Dirección Xeral de Política Financeira na que se indica que estes acordos de non dispoñibilidade de crédito se poden volver atrás. Na proposta tamén se recolle a transferencia entre partidas afectadas.
Votaranse así mesmo varias mocións do BNG sobre o 25N, o día das Letras e a atención primaria ademais de ler a Declaración institucional polo 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero.
A orde do día completa ten os seguintes puntos: