O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Ante os intentos de terxiversar a información, e ante os intentos de desinformación dalgún partido político, o Concello de Teo quere deixar claro que non ten nin tivo potestade algunha para autorizar ou non a Xestora de Residuos da Contrución que se ubicará no lugar da Torre, parroquia de Cacheiras. Trátase dunha competencia exclusiva da Administración autonómica onde o Goberno local non pode emitir ningún tipo de informe vinculante. Polo tanto, basta xa de tanta difamación duns poucos.
Neste senso, o Concello quere deixar claro que esta empresa conta con autorización ambiental da Administración autonómica, non polo Concello, e así se lles trasladou aos veciños nunha xuntanza mantida na Casa Consistorial o pasado 26 de febreiro. Nesa reunión, onde estivo a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o arquitecto municipal, se lles informou do proceso e da situación actual, quedando solventadas todas as dúbidas dos veciños. Ademais, xa é sabido por todos que o Concello ten as portas abertas para atender a súa veciñanza ante calquera cuestión que quedara pendente ou pouco clara.
Nesa reunión xa se lles trasladou que esta planta se pretende implantar en solo rústico, o cal é un uso permitido conforme á Lei Galega do Solo, que no seu artigo 35 “usos e actividades en solo rústico”, apartado “m”, estipula que se permitirán as instalacións e infraestruturas públicas ou privadas para a xestión e tratamento de residuos inertes en solo rústico. Conforme á lexislación ambiental, o ente autonómico unicamente pediu ao Concello un informe de viabilidade urbanística da parcela, o cal nin tan sequera foi emitido, sen ter opción a ningunha alegación ou posicionamento. Con todo, non é necesaria a autorización municipal para a aprobación da tramitación medioambiental de dita actividade, xa que a lei di expresamente que deberá ser favorable en calquera caso.
Nesa xuntanza tamén se lles recordou que toda a tramitación desta planta estivo ata a data de hoxe a exposición pública, tanto na web oficial da Xunta de Galicia como nos medios de comunicación de máxima tirada, así como en redes sociais, podendo exercer o dereito de alegación e de consulta por calquera veciño ou asociación.
Estase a falar dunha empresa que pechará o ciclo de vida útil dos materiais da construción, co obxetivo de reducir as emisións de CO2 e residuos contaminantes. Esa empresa, que leva desenvolvendo actividades industriais nesa mesma parcela desde fai máis de 20 anos, traballará con materiais inertes, tales como pedra, ladrillo, xeso ou ferro, converténdose nunha especie de punto limpo para ese tipo de mateirais. En calquera caso, non haberá nin lodos nin ningún tipo de residuos orgánicos.