O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O II Encontro Interparroquial de Teo celebrarase o vindeiro sábado 4 de abril no campo do Rebordelo

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acompañada por un representante de cada parroquia teense, presentou hoxe o cartel do II Encontro Interparroquial de Fútbol 7, organizado pola Asociación Deportiva MAPP. Será o vindeiro sábado, 4 de abril, no campo do Rebordelo. 

A alcaldesa felicitou novamente aos organizadores por esta iniciativa, que busca unir aos veciños dunha forma divertida, pasar unha xornada agradable e sempre de forma saudable. Agradeceu a implicación veciñal e a disposición da xuventude en realizar actividades que unen á veciñanza de todas as idades.

O encontro deportivo comezará ás 10.00 horas e durará toda a mañá, onde cada unha das parroquias teenses conformará o seu equipo e se enfrontarán entre eles. Ao igual que na primeira edición, os equipos estarán formados pola propia veciñanza co obxectivo principal de pasar unha mañá divertida. 

A esta xornada deportiva súmase o xantar popular e festa durante toda a tarde, cunha sesión vermú amenizada polo grupo Aires de Broña. A sesión de tardiña e noite correrá a cargo das discomóviles Chocolate e Impacto e o DJ Álex Cepeda. A festa está máis que asegurada. Para todos os interesados en desfrutar deste xantar, podedes contactar coa Asociación MAPP para retirar os tickets e pasar unha xornada entre veciños e amigos. 

 


 

foto