O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Educar en familia: xestión de conflitos

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal da Ramallosa

Esta sesión formativa servirá para identificar os diferentes estilos de afrontamento e a importancia das habilidades socioemocionais na xestión das situacións conflitivas cos nosos fillos e fillas, sempre dende unha ollada práctica. 

Esta charla está dirixida a familias con nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos. Abordaranse os seguintes contidos:

  • Posicións, intereses e necesidades nun conflito.

  • Os estilos de afrontamento nun conflito: o método "todas e todos gañan".

  • A importancia das emocións na xestión do conflito.

  • Como afrontar as respostas agresivas nun conflito. 

  • Identificación de conflitos recorrentes.

  • Estratexias prácticas para a resolución de conflitos. 

A charla será o mércores, 29 de abril, ás 18.30 horas no auditorio municipal da Ramallosa. Para poder participar deberán inscribirse no correo: educarenfamiliaconcellos@gmail.com

cartel

Outros eventos por vir