O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con motivo do Día Internacional do Libro, que se conmemora cada 23 de abril, o Concello organiza unha actividade para os máis pequenos.
Trátase do contacontos teatralizado "A nena que se comía todos os libros".
Elisa ten un amigo cunha rara afición. Quería ser a persoa máis lista do mundo e sabía que a resposta estaba nos libros. Pero, en vez de lelos, comíaos!
Axudádesnos a descubrir como se pode chegar a ser a persoa máis lista do mundo?
Duración: 45 minutos
Idades: +3 anos
Data: mércores, 22 de abril
Hora: 18.30 horas
Lugar: Auditorio Municipal da Ramallosa