O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Apalpador acompáñanos na carballeira de Francos

| compartir:

O Apalpador xa comezou cos seus labores do Nadal e saíu das devesas do Courel para achegarse a zonas máis baixas e coidar das crianzas galegas. Nesa viaxe atopou uns cabaliños espallados polas rutas de Teo, xa que o San Martiño deste ano foi ben diferente tamén para eles. Con bo traballo conseguiu reunilos e acabou por pastorear a toda a remuda. Finalmente encontroulles un emprazamento ben axeitado na carballeira de Francos.

Como xa estivera soutando pola zona, apañando castañas para dárllelas nesta época ás crianzas galegas, coñecía ben a carballeira, e agora estaos alindando para que definitivamente se asenten nos pastos de por alí.

Como persoa ben xenerosa que é decidiu estar el mesmo mostrándollelos ás crianzas de Teo na fin de semana do 19 e 20 de decembro entre as 12.00 e as 13.30 h e entre as 16.00 e as 17.30 h na mesma carballeira. Para visitalo só é preciso achegarse á carballeira neste horario, sen necesidade de inscrición previa.

O Apalpador, como non para quieto, estará andando polo contorno, onde hai unha nova ruta de Apego que vai desde a carballeira á ponte de Paradela. Teredes que buscalo por alí, seguro que o encontrades, e ao mesmo tempo, realizar esta bonita camiñada en familia.

Cando o encontredes, lembrade que o Apalpador adoita comprobar que as crianzas estean ben alimentadas, para iso, ás veces, apálpalles o bandullo e dalles unha presada de castañas para que se alimenten de xeito saudable. Tamén lembrade que brincar e as brincadeiras é o seu. Así que ide preparadas!

Para aquelas persoas máis lambonas ou ás que a brinca lles dese fame, haberá un posto de venda de castañas na zona, froitos que o mesmo Apalpador apañou no outono e que agora farán o gozo dos voso padais.

Deixámosche aquí a imaxe do Apalpador por se a queres descargar

Preme na imaxe para ver o Apalpador:

 

Apalpador

Apalpador

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
FolletoApalpador1.png 75.29 KB
Apalpador2.png 98.69 KB
Apalpador Teo-01.jpg 1.18 MB